martes, 21 de abril de 2015

Artrópodos

Hoxe pasamos pola aula de Conchi (profesora de lingua castelá e inglés). Alí se está a desenvolver unha exposición de artrópodos.

 Nesta actividade os alumnos/as de 1ºESO elaboraron, con pinzas da roupa, plástico,la, etc., estes animaliños. A súa finalidade é que os máis cativos aprendan os diferentes tipos de artrópodos ao tempo que aprenden a traballar en grupo. É unha maneira divertida de que aprecien as posibilidades da reciclaxe

 Unha vez acabada a semana cultural, farase unha votación do artrópodo favorito dos alumnos.


  Entrevista a Conchi:

 P: De que trata a actividade?
   

 R: A actividade consiste nunha exposición dos diferentes artrópodos.


 P: Quen a leva a cabo?
    
 R: A actividade lévana a cabo os nenos e nenas de 1ºESO, que construiron estes artrópodos para a aula de Ciencias.

 P: Con que materiais se fan?
   
 R: Elabóranse a partir de materiais reciclables, dende palillos ata la, ou restos da praia. Todo vale!!

 P: Cal é o obxectivo?
   
 R: O obxectivo é que os nenos coñezan en profundidade os diferentes tipos de artrópodos.

 P: Paréceche que esta exposición se está levando a cabo como ti pensabas?


 R: A verdade é que o que vin ata hoxe sí, pero aínda queda moito por diante. A opinión dos diferentes profesores foi boa.



 (S. C. V.)



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar