Mañá, día 23 de Abril, día do Libro, vanse levar a cabo unha
serie de actividades e lecturas nas que algúns nenos e nenas da escola nos agasallarán
coas súas tenras voces.
Imos ler a algúns dos escritores máis importantes nas linguas
coas que temos un contacto máis ou menos cotiá.
Autores como Rosalía de Castro, Curros ou Castelao no caso
da nosa lingua nai, Cervantes, Galeano ou Benedetti no caso do castelán.
Shakespeare, Paul Eluard, Saramago, Dante e Patrick Süskind en inglés, francés,
portugués, italiano e alemán, respectivamente, tamén serán recitados.
Esperamos de todo corazón que estas actidades sexas do voso
agrado e as recibades cun gran sorriso e cunha grande emoción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario