martes, 21 de abril de 2015

Robots reciclados


 Esta é unha actividade na cal os nenos poden ver, organizándose por grupos, uns robots feitos con materiais reciclados.

Son catro robots, divididos en dous grupos:

Os dous primeiros robots, están feitos  con caixas de leite usadas (e limpas) e por medio duns circuitos impresos son capaces de detectar unha cinta aislante que delimita unha pista, e seguila. Para demostrar que é así, existe unha segunda actividade na cal os nenos poden diseñar a sua propia pista. 

Os outros dous robots teñen un circuito de memoria capaz de procesar as ordes duns botóns montados na placa superior, cuxo movemento poden programar os nenos, facendo grupos de dous.


(D. V. P.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar