mércores, 22 de abril de 2015

Enquisa sobre a reciclaxe

Xa que o tema da semana cultural do 2015 é a reciclaxe no gabinete de comunicación eliximos cen nenos de primaria ao chou para responder unhas preguntas de forma anónima:
Reciclas na tua casa?; se é así, como o fas?
As respostas a estas preguntas nos levan á seguinte gráfica:



Desta gráfica, podemos deducir fácilmente que a maioría das persoas deste colexio, reciclan mediante a separación dos compoñentes da basura, pero por outra banda, moi pouca xente (9%) dedicase a reciclar creando eles/as mesmos/as  cousas coma xoguetes, elementos decorativos… En cuanto ao porcentaxe de xente que  non recicla (19%), consideramos que é un porcentaxe moi elevado, polo tanto, é moi importante continuar concienciando á xente da importancia da reciclaxe, pois non facelo pode causar grandes repercusións no medio ambiente e, tarde o temprano, lles acabará afectando, como ao resto da sociedade; de feito, esta semana cultural, serve para que a través dos nenos, os pais comecen a reciclar,  e a seren conscientes da necesidade dun  consumo sostible, é dicir, solo consumir o necesario e tendo en conta as xeracións que están por vir.


(D.V.P.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar