Bos días, familia Martín Codax:
Hoxe, un ano máis, comeza a
Semana Cultural no Colexio Martín Codax, este ano adicada á reciclaxe.
Xa dende hai anos celébrase a
Semana Cultural. Esta está dividida en tres grandes bloques: o de ciencias, que
se centra na parte máis experimental da educación e fomenta o emprego do método
científico; o bloque do teatro e cultura popular e o bloque de música e
plástica; estes dous últimos bloques adicados á parte máis creativa e expresiva
e vencellados coa nosa tradición cultural e lingüística.
Por outro lado, existen outros
grupos máis específicos, como o noso, o de comunicación. O noso grupo, á súa
vez, está dividido en catro grupos: o de fotografía, o de vídeo, o de redacción
e o encargados das redes sociais.
Coa estrutura principal xa
comentada, comecemos a falar un pouco dos seus inicios. A Semana Cultural, como a coñecemos, comeza no ano 2000, coa idea de adicar unha semana especial ás ciencias,á música,á arte e á cultura lingüística. Se vos interesa ampliar esta información, podedes vistar os blogues de anos
anteriores. Aquí tedes os enlaces:
Na Semana Cultural os rapaces da
E.S.O realizan actividades para os nenos
da primaria centradas nun tema, este ano están relacionadas coa reciclaxe. Tamén se fan outras actividades como, por exemplo, a venda de
pasteis.
Esperamos que o noso traballo
sexa do voso agrado. Podedes seguirnos a través do blogue (http://semanamc2015.blogspot.com.es),
ou a través do noso Twitter (@colemartincodax) e mais o noso Facebook (Colexio
Martín Codax).
Unha aperta.
(H.P.V. – X.A.C.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario