Ao entrar, atopamos
a unha morea de nenos coa boca ben aberta escoitando a Thomas, Mauro, Miriam,
Sara, Jorge e Hugo (4º E.S.O.), que lles mostraban un pau de chuvia. Este pau tan peculiar estaba conectado a un altofalante, que facía que o son se escoitase claramente por toda a habitación.
A continuación, lles ensinaron aos nenos os instrumentos base dun grupo musical: a guitarra
eléctrica, a batería e máis o baixo, explicando a súas características
principais e como se toca.
Cal é a
finalidade desta actividade? Nós cremos que é unha boa forma de incitar á
creatividade musical. Saímos da clase co ritmo no corpo, con ganas de bailar e
seguir a nosa dura xornada.
(A. F. F. – A. F. L. – X. T. M.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario