mércores, 22 de abril de 2015

Reciclaxe e manualidades


Ao chegar á clase de Lourdes, atopámonos coas actividades relacionadas con manualidades, a cargo das rapazas de 3ºC, que nos informaron sobre o seu proxecto. Este consiste na fabricación dun taboleiro do xogo de “Pai-Fillo-Nai” por parte dos rapaces pequenos, usando materiais reciclados e axudados por Eva, Ana, Raquel, Laura, Sara, Marta e Xela.

 Mesturan unha actividade didáctica cunha lúdica: aos pequenos proporciónaselles os materiais necesarios, e despois da fabricación, pasan un bo rato xogando cos seus amigos, ao mesmo tempo que aprenden que reciclar non ten por que ser aburrido.   


 Tamén nesta aula encóntrase a actividade relacionada coa reciclaxe dirixida polas nenas de 3ºB, Paula e Ana. O traballo destas rapazas consta dunha primeira explicación sobre como debemos levar a cabo o proceso da reciclaxe con varios exemplos e fotos dos residuos e dos contenedores nos que hai que tiralos.

   Para continuar esta actividade, e para que os máis pequenos poidan entender a explicación, organizouse un xogo cun dado que, en lugar de números, ten fotos de residuos, como por exemplo: papel, vidro, plástico… Lanzamos o dado e debemos adiviñar en que cubo de basura temos que tirar o residuo que nos toque, e por cada acerto sumaremos un punto. Se polo contrario erramos a nosa resposta, non sumaremos nada.

   Esta actividade está dirixida para grupos de tres nenos que compiten entre si, pero o seu obxectivo é fomentar a idea de que reciclar pode chegar a ser divertido.  



 (S. C. V. - I. L. L.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar