martes, 21 de abril de 2015

Mostra de instrumentos na aula de Música

Esta mañá visitamos a aula de música. Atopámonos cuns alumnos de cuarto da E.S.O. diante dunha morea de instrumentos musicais de fabricación caseira. Mauro, un deles, explicounos que o seu grupo fai esta exposición co obxectivo de que os nenos aprendan o arte de reciclar materiais para poder fabricar novos instrumentos. Miriam, outra das integrantes do grupo, díxonos que estes instrumentos pertencen e foron feitos polos alumnos da E.S.O. do Colexio Martín Códax. 

 Atopámonos con Sara e contounos que os instrumentos parécenlles moi orixinais, ademáis de estar moi ben decorados. Tamén nos dixo que se nota a diferenza no cambio de idade, en que os instrumentos do alumnado de terceiro da E.S.O. están máis traballados, conseguindo unha mellor sonoridade que os instrumentos dos alumnos de primeiro da E.S.O., a parte de ter máis que ver coa temática deste ano, a reciclaxe. O noso compañeiro Alberto falounos de que non todos os instrumentos teñen moito que ver coa reciclaxe, pero hai excepcións de instrumentos que están elaborados con materiais reciclados, como envases de iogur e latas de refresco.


 (J. O. R. - M. L. M. - E. R. C.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar