luns, 20 de abril de 2015

Improvisación títeres: Infantil


  Esta é unha actividade interactiva na que os máis pequenos poden disfrutar dunha representación na que os rapaces poden crear a súa propia historia.

   Os organizadores deseñan os personaxes a gusto dos pequerrechos e crean unha historia que se modifica en función das decisións do público mentres os grandes titiriteiros fan uso das súas maravillosas dotes interpretativas.

   Para descubrir máis detalles, entrevistamos a parte do reparto:


John e Trillo, entrevistados por Iago:

-Considerades esta obra un proxecto interesante?
-Trillo: Nós facemos isto para non quedarnos na clase escribindo e estudando con Fernando ou outros profesores, pero pasámolo bastante ben -risas.

-Todo o narrado na obra teatral é improvisado ou tiñades algo preparado?
-John e Trillo: Os personaxes están predeseñados, pero en ocasións vémonos obrigados a modificalos debido aos gustos dos nenos. A historia si é completamente improvisada, o que provoca que algunhas obras queden moi ben e outras -risas- non tanto.

-Os nenos pásano ben vendo a obra?
-John: Os rapaces son moi pequenos, e disfrutan con todas as parvadas que facemos, pero hai outros moi críticos que insultan por calquera cousa.



Manuel, entrevistado por Sergio:

-Que te parece a obra?
Paréceme que está bastante traballada, de feito, que todos temos protagonismo. Paréceme un claro exemplo de orixinalidade e improvisación en grupo -risas.




-Crees que desempeñas un papel importante na obra?
Considero que sí xa que son o porquiño protagonista xunto co dragón, e é un traballo difícil de realizar, pero divertido.

-Sínteste identificado co teu personaxe (porquiño)?
Non me sinto totalmente identificado xa que non mato dragóns pero si que é verdade que ten un pouco de min, porque é moi tranquilo.

(I.L.L. - S.C.V.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar