mércores, 22 de abril de 2015

Entrevista a Fátima Caramés


Fátima é unha mestra de terceiro de primaria que tras unhas breves preguntas mostrounos a súa opinión sobre a Semana Cultural.

 Despois de preguntarlle a súa opinión sobre as actividades que se están a facer, ela contestounos que lle parecía unha boa forma de motivar aos nenos, xa que a temática de este ano estalles a resultar interesante. Os rapaces implícanse e mostran ganas de aprender. Na súa opinión, os rapaces interésanse máis en actividades nas que poden interactuar e participar.

 Informounos que este ano hai unha nova variante: os alumnos de primaria fan a súas propias actividades para os máis pequenos, sen contar cos de secundaria.
 Por último, contounos as actividades que eran organizadas por ela (3ºC e 3ºB). Encargáronse duns obradoiros para concienciar aos rapaces máis pequenos sobre a contaminación acústica, do mar, etc. Tamén fixeron outra actividade relacionada coa alimentación en xeral.

 Moitas grazas a todos os rapaces que fixeron posibel as actividades das que falamos.


(S. B. L. - E. R. M.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar