martes, 21 de abril de 2015

Entrevista a Julie e Luz

As profesoras entrevistadas: Luz (esquerda) e Julie (dereita)
Visitamos o colexio dos máis  cativos e entrevistamos ás profesoras Julie e Luz, para coñecer o punto de vista que a “escola pequena” ten sobre o noso traballo durante a Semana Cultural.


Reporteiro: Este ano os alumnos de secundaria prepararon máis actividades para os pequenos, como vedes estas novas?

Julie e Luz: Cremos que está moi ben, as actividades son moi boas e os nenos pásano xenial.

R: Como actúan os rapaces de infantil ante os nenos da E.S.O.?

J e L: Pórtanse moi ben e están moi atentos a todas as explicacións, pero tamén é grazas ao bo traballo realizado polos nenos de secundaria.

R: O ano que ven gustaríavos que houbera algunha actividade máis?

J e L: Non, así está ben, máis sería excesivo, porque duraría demasiado tempo e os nenos non prestarían tanta atención ás últimas actividades do día, xa que estarían máis cansos.

R: Que opinades de que veñan os maiores ao colexio dos pequenos e non ao revés?

J e L: Mellor no colexio pequeño, porque no colexio dos maiores póñense máis nerviosos e hai máis interrupcións.

R: Moitas grazas pola vosa colaboración e a seguir disfrutando da Semana Cultural.


 (H. P. V.)



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar