xoves, 23 de abril de 2015

O Galego e a Semana Cultural

A Semana Cultural é unha semana adicada a un tema en concreto proposto polos alumnos do Colexio Martín Códax, pero tamén é unha oportunidade marabillosa para fomentar o uso da nosa lingua, o galego, e por iso, durante esta semana úsase intensamente na escola.

Pero por que é necesario este empurrón ao galego na Semana Cultural? Por qué só nesta semana e non todo o ano?
Non sería necesario se empregásemos o galego na vida cotiá, cousa que non soe suceder no noso entorno urbán. É fundamental que o galego o saibamos empregar en calquera circunstancia, para falar de calqueira tema.

Deberiamos estar agradecidos de ter unha lingua e cultura propias. O galego está en inferioridade co castelán respecto ao número de falantes no noso país, de non ser así non teriamos que adicar esta semana a dignificar unha lingua que é nosa e é perfecta.

O galego está nesta situación polos prexuízos xerados por culpa da dictadura de Franco no século XX, entre outras razóns. Por isto hai máis falantes de castelán en ámbito urbán que no rural. E tamén hai máis falantes de castelán entre a xente nova que entre a xente de máis idades porque os prexuízos contra a lingua incúlcanse polos maiores, que nos ensinan castelán para que non teñamos que pasar polo que pasaron eles, xa que hai uns anos, o castelán abríache moitas máis portas que o galego. A industrialización tamén tivo que ver coa implantación do castelán, aunque foi un proceso moi longo e complexo. O rol do castelán como lingua predominante responde a motivacións históricas que adoptando medidas no ámbito político e lexislativo pretendían sustituir o galego polo castelán. E a piques estiveron de conseguilo.

As razóns polas que defendemos o galego son obvias, nacimos aquí, en Galicia, unha terra na que o Galego e o castelán son as linguas oficiáis, por iso, consideramos que debemos defender o noso, tanto o galego como o castelán. Defender o galego non significa menospreciar o castelán. O que intentamos demostrar é que o galego pode e debe ser utilizado para exactamente as mesmas cousas que o castelán: podemos falar de libros en galego, podemos falar de cine en galego, podemos falar de amor en galego...
Queremos mostrar que o Galego é un idioma tan nobre como calquera outro, nin peor, nin mellor, pero noso.
(I.L.L. -M.C.L.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar