Hoxe fomos visitar algúns nenos de 4º da E.S.O. para saber a súas opinións sobre a Semana Cultural e que aprenderon desta experiencia traballando cos nenos máis pequenos. Velaquí o resultado:
Entrevista a Alex C. e a Noelia H.:
Pregunta: Que aprendestes na semana cultural?
A. C.: Aprendín moitas cousas… pero sobre todo como tratar cos nenos.
N. H.: Aprendín a ter paciencia cos nenos e, grazas a facer esta actividade, aprendín cousas de tecnoloxía que en clase non aprendería. Ademáis, agora comprendo o difícil que é ser profesor.
P: Como empregaches vós os materias reciclados?
A. C.: Os meus compañeiros e máis eu estamos a facer unha cidade con materias reciclados.
N. H.: Con materiais reciclados facíamos unha actividade sobre a enerxía renovable.
P: Considerades que os nenos están a aprender algo destas actividades?
A. C.: Ben, na actividade en si quizáis non moito, pero na Semana Cultural creo que están aprendendo moitas cousas da reciclaxe que non sabían antes a meirande parte deles.
N. H.: Ben, os máis cativos pasárono ben, pero non creo que entenderan moito. Os maiores mostraron máis interese.
P: Voltarías facer esta actividade se houbese unha nova Semana Cultural?
A. C.: Aínda que me gustou, querería ser pastor. Encántanme os animais.
N. H.: Non, gustaríame estar no gabinete de comunicación e ser fotógrafa.
(M. L. M. - E. R. C. - L. V. L. - T. P. R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario